FORMACIÓN

GRUPINFOR Formación&Emprego é una empresa que, dende 2002 dedícase á formación sendo colaboradores e entidade homologada pola Xunta de Galicia para a xestión e impartición de diversos certificados de profesionalidade.

EMPLEO

Conscientes de que unha formación de calidade ha de ir indisolublemente unida á empregabilidade, en 2014 acreditámonos para exercer como Axencia de Colocación (nº de autorización 1200000047) o que nos faculta para realizar actividades de intermediación laboral que teñan como finalidade proporcionar ás persoas desempregadas un emprego adecuado ás súas características e facilitar aos empregadores as persoas máis adecuadas aos seus requirimentos e capacidades.

COLABORACIÓN

En colaboración con diversas organizacións públicas e privadas, estamos centrados en ofrecer unha formación de calidade como resposta ás esixencias dun mercado de traballo que na actualidade demanda traballadores que poidan adaptarse aos cambios e así incrementar a competitividade que as empresas precisan para garantir as súas posibilidades de éxito.

Tamén impartimos formación privada para nenos, adultos e colectivos en materias tales como: Informática, Mecanografía, Inglés, Facturación, Reforzo escolar…

Ofrecemos ademais servizos de tradución profesional para empresas e particulares de galego-castelán a inglés-francés e viceversa, así como aluguer de aulas perfectamente equipadas para clases teóricas ou prácticas, presentacións…

Animámosvos a que se tedes algunha necesidade formativa ou buscades empregos ou traballadores vos poñades en contacto connosco. Estamos seguros de que atoparemos unha solución perfecta para cada caso.