Por que debería traducir profesionalmente os seus textos?
Porque a imaxe proxectada ante os potenciais clientes determina as probabilidades de que finalmente se convertan en clientes da súa empresa ou non. E os seus textos (páxina web, cartas de restaurante…) xogan un papel crucial na atracción de clientes.
Deste xeito, cáese en erros tan grandes como utilizar tradutores automáticos ou recorrer a calquera familiar ou membro da empresa que se manexe un pouco ben cos idiomas, para que “pase os textos ao inglés” sendo o resultado final unha imaxe de pouca profesionalidade e moito deixamento que restará toda a credibilidade e confianza que quixera difundir e repercutirá negativamente nas súas vendas.
Cando unha empresa presta pouca atención á súa imaxe e á comunicación cos seus clientes, en realidade está comunicando moito máis: a súa forma de traballar e a súa profesionalidade.
Porque a tradución non é pasar unhas palabras dun idioma a outro, senón comunicar nun idioma o mesmo que se enuncia no idioma orixinal. E os tradutores profesionais non traducimos palabras dun idioma a outro, lemos o texto, entendemos os seu obxectivo, vemos a quen vai dirixido e reescribímolo noutro idioma para manter a mesma mensaxe, ton e sentido que o texto orixinal co que a imaxe percibida e a satisfacción mellorarán notablemente e, con isto, as súas vendas.